O venres día 4 de xuño, ás 8,15 horas, terá lugar unha sesión clínica xeral sobre o tema “Biblioteca: acceso á información científica”, a cargo do bibliotecario do Complexo Hospitalario de Pontevedra. 

A sesión celebrarase o venres, de 8,15 a 9,00 horas, no salón de actos do hospital Montecelo e está dirixida a facultativos especialistas, persoal de enfermaría, médicos internos residentes, enfermeiras internas residentes e alumnos.