O martes día 9 de xuño realizarase a presentación dos servizos e recursos que oferta a biblioteca do Complexo Hospitalario de Pontevedra aos novos médicos internos residentes. A presentación terá lugar ás 08,30 horas no salón de actos do hospital Provincial e ás 13,45 horas no salón de actos do hospital Montecelo.

Na presentación informarase dos servizos bibliotecarios de procuras bibliográficas, préstamo de documentos, solicitude de artigos, procuras nos catálogos, etc, desde a intranet da biblioteca BiblioCHOP e desde internet.  

Ademais informarase dos recursos dispoñibles de publicacións periódicas en papel e electrónicas desde o OPAC (Catálogo en liña de acceso aberto).

Os recursos da biblioteca virtual do sistema sanitario público de Galicia, Bibliosaúde, como o acceso desde fóra de IP SERGAS ás revistas electrónicas a través de Mergullador, así como o resto de servizos, tamén serán obxecto desta presentación.